N o n
me visitedes.
Estou muda-silenciosa.
N o n me visitedes.
se vas á feira mércame un porco rabelo, que se mo mercas con rabo non me colle no cortello.
Estou aínda viva.
o ventre de números.
24 euros o hostal.
10 regalices polas coxas.
2 toallas cheas de seme.
4 condóns.
7 "quérote".
2 chamadas.
Mais... non recordo o día que é, senón apuntaríao na axendiña laranxa.
Podería poñer: Neva. Impersoal.
Deixeino nesta pantalla hai un(n) mes(es) e non quero-debo repetir. (Véxase: post).
Estou demasiado agobiada, esa non é a razón pola que non escribo tres parágrafos ao mes. Soamente é unha queixa -ou súplica- pedindo alento e coxas como asento improvisado.
Redirecciono.
Plim!